Onte, o Diario Cultural da Radio Galega emitiu un programa centrado na publicación do Birimbao de Celso Emilio Ferreiro. Nel Xavier Ferreiro, editor do libro, mantivo unha interesante conversa con Ana Romaní e, ao tempo, convidóuseme a dicir unhas palabras. Deixo abaixo a ligazón do programa para as persoas interesadas e a miña gratitude a Ana Romaní e ao equipo do Diario Cultural pola súa atención.
http://www.crtvg.es/rg/podcast/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-03-02-2020-4289784?t=4