Cuestionario Proust: Xavier Estévez

90553391_1075144962868353_3198578495995248640_nplano

Xavier Estévez

 1.– Principal trazo do seu  carácter?

-A curiosidade e o humor.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

-Gústanme as persoas sinceras, aquelas que saben escoitar.

3.– Que agarda das súas amizades?

-Que sigan aí. Que teña a certeza de que cando as chame, elas contestarán.

4.– A súa principal eiva?

-A pereza. Se puidera, dedicaría todo o tempo a ler, e sei que non podo. Nin debo.

5.–  A súa ocupación favorita?

-A lectura. Toda a miña vida os libros foron o meu refuxio. Podería vivir sen moitas cousas, pero sen ler, imposible.

6.–  O seu ideal de felicidade?

-Un sábado en familia; todos xuntos arredor dun bo xantar.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

-Perder a memoria. Non lembrar quen son, nin quen fun.

8.– Que lle gustaría ser?

-Cando era pequeno, como moitos outros, quería ser aventureiro, viaxar polo mundo. Pasados tantos anos, aínda soño con iso, ser viaxeiro.

9.– En que país desexaría vivir?

-En calquera. A felicidade non está nun lugar, está nas persoas que o habitan.

10.– A súa cor favorita?

-De sempre, o amarelo. Non sei o porqué.

11. A flor que máis lle gusta?

-Non teño predilección. Gústame todas, aínda que confeso que son urbanita, non son unha persoa de campo.

12.– O paxaro que prefire?

-A gaivota, como símbolo de liberdade.

13.– A súa devoción na prosa?

-Gústame moito a literatura inglesa e francesa de finais do século XIX. Tamén a literatura xaponesa, ese xeito tan diferente de escribir. Admiro a moitos escritores e escritoras. Non digo nomes porque deixaría mil no tinteiro.

14.– E na poesía?

-Os haikus xaponeses, García Lorca, Rosalía, Tamara Andrés…

15-. Un libro?

-Moitos. Difícil elixir un.  Se tivese que facelo, hoxe elixiría por exemplo As aventuras do valoroso soldado Švejk de Jaroslav Hašek.

16.– Un heroe de ficción?

-Atticus Finch (Matar un reiseñor). A quen non lle gustaría ser como el?

17.– Unha heroína?

-Jo March (Mujercitas), polo seu espírito rebelde.

18.– A súa música favorita?

-Moitas: Chet Baker, Nina Simone, Leonard Cohen, John Barry, Berrogüetto…

19.– Na pintura?

-John William Waterhouse.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

-Todas as persoas anónimas que le levantan cada día coa idea de converter este mundo nun mundo mellor. Todos aqueles/as que loitan por darlle aos fillos o que eles non tiveron.

21.– O seu nome favorito?

-Mistre. Dende hai varios anos, ese nome está ligado ao meu corazón por un fío que xa non se pode romper.

22.– Que hábito alleo non soporta?

-Falar máis do que un escoita.

23.– O que máis odia?

-Cos anos un aprende a non odiar. O que non me gusta non merece o meu odio.

24.– A figura histórica que máis despreza?

-Milton Friedman, por dicir un. A súa idea da economía fixo auténticas desfeitas na segunda metade do século XX, e máis que fará.

25.– Un feito militar que admire?

-Non son de admirar feitos militares. Algúns foron un mal necesario, supoño, pero non podo admiralos. Os feitos militares son o fracaso da ciencia, da humanidade.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

-Poder deter o tempo. Como dicía Einstein, o futuro chega demasiado rápido.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

-Cun sorriso nos beizos.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

-Curioso e optimista.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

-Son indulxente con todos os defectos.

30.– Un lema na súa vida?

-“Tenta dar sempre o mellor que podes”.