Celso Emilio Ferreiro e a esperanza

Pensamento CEF AGOSTO 1972

Esta última semana da corentena volvo visitar a memoria de Celso Emilio para dar cabo a un proxecto en que é un privilexio traballar.

Hai xa tempo dera conta, non sei ben se na biografía Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro ou noutro lugar, da existencia dun conxunto de textos breves da súa autoría, abeirados ao xénero dos aforismos, todos eles asinados en Caracas por volta do verán de 1972. Constitúen un xénero non moi transitado polo celanovés e, ao meu ver, moi suxestivos, incisivos ás veces, profundos sempre.

Permítome escoller un para compartir aquí porque creo que encerra unha actitude de esperanza e optimismo que cómpre cultivar sempre, talvez máis nestes días: “Vivimos. Sinal de que non estamos vencidos de todo“. Saúde e saúdos.