No Día do Libro, unha “Homenaxe ao libro” de Celso Emilio Ferreiro

É un Día do Libro anómalo, éo; pero cómpre seguir coa máxima ilusión a celebralo hoxe e todos os días do ano. E para festexalo, non sen antes lembrarme de todo o tecido cultural galego ao que deberemos apoiar como nunca -librarías, editoriais, escritoras e escritores, persoas vinculadas co mundo do teatro, da nosa música e tantas outras- deixo aquí hoxe un texto poético de Celso Emilio titulado “Homenaxe ao libro”. Trátase dunha versión previa do poema “Festa do Libro” incluído en O libro dos homenaxes (1979), que exhumou Claudio Rodríguez Fer no artigo “Poema inédito de Celso Emilio Ferreiro adicado ao libro” (Diario de Galicia) o 23 de abril de 1988.

Particularmente esta versión é moi do meu agrado e goza, ao tempo, dese valor intanxible que é ver o texto mecanografado. Feliz e esperanzado Día do Libro porque a liberdade é un libro aberto.

Carta-inedita-de-Celso-Emilio1