Antologia de textos para pensarmos a língua, de Diego Bernal e Xoán Lagares (semana Carvalho, I)

só-capaDiego Bernal e Xoán Lagares

Antologia de textos para pensarmos a lingua

Através Editora, Compostela, 152 pp., 15 €, 2020

 

Carvalho,  un dos pais da lingüística galega moderna e quen primeiro sistematizou e herborizou a historia da nosa literatura galega contemporánea,  merece unha atención especial neste blog.

Incorporaranse deste xeito, todos os días ao longo desta semana que é a das Letras Galegas, breves referencias vinculadas quer ás novidades editoriais máis recentes ás que tivemos acceso quer a outros asuntos vinculados co seu universo vital e literario.

Hoxe dáse conta da aparición dun texto de carácter didáctico como é esta Antologia de textos para pensarmos a língua, a cargo dos profesores e ensaístas Diego Bernal e Xoán Lagares.  A estrutura do libro presenta, alén dunha introdución que repara na opción reintegracionista que abrazou o autor,  unha ducia de textos de temática lingüística que afondan nas claves do seu pensamento e que, ademais,  se organizan a través dunha tripla organización, isto é, preséntanse acompañados dunha orientación previa á lectura,  á propia lectura dos textos como é lóxico e, por último, unha terceira fase que ofrece suxestións de lectura e de pesquisa posterior que estimula a reflexión didáctica sobre diversos aspectos recreados nos textos.