Unha nova Esmorga ilustrada

a esmorgaComo unha feliz idea e mellor plasmación resulta, ao meu ver, a iniciativa da Editorial Galaxia de estrear a colección “Xohán Ledo” -excepcional deseñador histórico da editora viguesa- cunha das novelas fundamentais da literatura galega como é A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor. Unha iniciativa encadrada no cincuentenario da aparición da primeira edición na devandita editorial no ano 1970.

Unha serie que comeza co bo pé ao articular un encontro atractivo entre a prosa do autor ourensán -respectuosa afortunadamente co rexistro lingüístico da última edición en vida revisada polo autor- cunha acaída lectura visual que se transforma nun orixinal e expresivo corpus de ilustracións a cargo de Diego Estebo.