Souben da celebración, no Liceo de Ourense, dun acto celebrado no día de onte no que se evocou a figura de Marcos Valcárcel, dez anos despois do seu falecemento, algo que honra tanto á institución que o organizou como aos participantes no evento.
Deixo aquí un recordo breve do amigo que se foi e que seguimos facendo de menos, presente sempre nos seus libros e na bitácora As uvas da solaina, felizmente aínda aberta á consulta.