Nun ano marcado pola pandemia tamén este blog se resentiu ao ter que reducir o ritmo das entradas. As razóns radicaron na necesaria priorización das tarefas docentes nun curso, 2019-2020, e no que vai do presente, absolutamente absorbentes, e tamén por compor as páxinas dun libro que se presentará publicamente este vindeiro mes de febreiro.
Dun ou doutro xeito, a identidade dixital deste blog, que neste ano cumpre unha década, segue a camiñar polos vieiros da atención ás novidades editoriais dos diversos selos editoriais galegos, a quen agradezo sempre a súa xenerosidade.
Velaquí, as entradas máis vistas deste ano que conclúe coa miña gratitude a todos os que seguides esta plataforma e coa confianza e optimismo depositado nun ano mellor que este.

Ola, poñéndome ao día con lecturas pendentes cheguei á túa entrada. Valiosísimo o traballo que fas neste blog, crónica viva desta década literaria.
Parabéns por continuar con el malia os atrancos e desexando ver esas Chorimas.
Feliz Aninovo para ti e os teus.
Apertas.
Moitas grazas, Pilar. Para min son un verdadeiro estímulo as túas palabras. Grazas de novo e os mesmos desexos para ti e os teus.. Apertas.