Cólleme esta data, a do 4 de xaneiro, cando se cumpre o aniversario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro concluíndo un novo proxecto vinculado coa súa obra que agardo ver publicado este mesmo ano. Como case sempre recordo a súa figura neste día non quería deixar de facelo unha vez máis pois, en efecto, “o lume que alampea xamais o veredes morto”.