De casa queimada, de Iria Collazo López

Iria Collazo López

De casa queimada

Alvarellos, Santiago, 9,50 €, 56 páxinas, 2020

Galardoado co segundo premio do II Certame de Poesía “Torre de Caldaloba” do Concello de Cospeito, Iria Collazo debuta neste xénero tras diversas, e afortunadas, inclusións no eido da narrativa.

A voz que nos atrapa neste De casa queimada é unha expresión do desasosego e o abatemento, dalgunha maneira tamén das dimensións que se estenden no baleiro cun pouso de acedume . Loxicamente se a casa, isto é, ese lar, ese espazo simbólico se reduce ás cinzas é porque o lume realizou o seu traballo, nesta ocasión de destrución e erosión e, dalgún xeito, resulta operativo para a reflexión desde un territorio que poderiamos entender como o do exilio ou o desterro.

Desde estas “ruínas”, desde un espazo emocionalmente devastado, hai un proceso de evocación, por veces un “ubi sunt?”, que bebe do que o pozo da memoria ofrece para estruturarse a través dunha concatenación de imaxes de filiación visionaria e, en ocasións, onírica, creo que acaídas á tonalidade do libro.

O abandono, a sensación de (des)pertenza é un contínuum en De casa queimada; tamén éo a reflexión sobre o amor e ruptura que asoma aquí e acolá: “deixar de amor é incendiar un dicionario” e “volver amar é un labor de tradución”. Amar, dise nun poema, é “construír unha linguaxe”. Tamén a iso, por extensión, posibilita este profundo libro de Iria Collazo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s