Concurso de relato curto “A narrativa do Centenario”

Solicítanme que difunda as bases dun galardón literario no que se pode participar en lingua galega ata o 27 de abril. O galardón nace da vontade de celebración do centenario da fundación do Partido Comunista de España (PCE) e aquí deixo as bases para as persoas que estean interesadas.

Un futuro con Partido

O Partido Comunista de España convoca o seu concurso de relato curto “A narrativa do Centenario”.

Co obxectivo de irmandar de novo un sangue que xamais debeu de ser dividido: o sangue das letras co da defensa dos pobos, como antes de que o comercio divorciase o literario da dignidade social mediante o pagamento das súas trinta moedas, pretendemos promover con este certame o benestar dos traballadores; a igualdade de oportunidadesentre mulleres e homes nos ámbitos político, social e económico; fomentar a educación ambiental; promover a responsabilidade ecolóxica; fomentar o reparto máis igualitario da riqueza; dar a coñecer a historia dos movementos sociais; reivindicar o papel dacultura na busca da felicidade; e, en resumo, dar visibilidade os autores máis comprometidos que sigan a crer, coma nós, que a pluma é, foi e será sempre, máis forte, pero, sobre todo, máis necesaria ca calquera espada.

BASES:

Establécense dous concursos paralelos, un sénior para maiores de 18 anos e un júnior para menores desa idade, suxeitos ás seguintes normas:

Pódense presentar relatos, escritos en calquera das linguas do estado, ata un máximo de tres por persoa, sempre que sexan inéditos e non teñan sido publicados ou premiados en ningún outro certame literario.

Os participantes poden posuír calquera nacionalidade. Os maiores de 18 anos concursarán na edición sénior e os menores, na júnior. Estes últimos deberán xuntar ao enderezo de correo electrónico indicado máis adiante un consentimento escrito do seu titor/a legal.

A temática deberá aludir, de xeito directo ou indirecto, polo menos a un dos valores da democracia, da xustiza social e dos dereitos e as liberdades seguintes: o benestar dos traballadores; a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nos ámbitos político, social e económico; o fomento da educación ambiental e a responsabilidade ecolóxica; oreparto igualitario da riqueza; a historia dos movementos sociais ou a reivindicación dopapel da cultura na procura da felicidade.

A extención dos relatos será de, como mínimo, dúas páxinas e de seis, como máximo, en formato DIN A4, en Times New Roman de 12 puntos e marxes superior e inferior de 2,5 cm, esquerda e dereita de 3 cm, texto xustificado e un espazo entre liñas de 1,5. Os orixinais presentaranse paxinados, encabezados por unha páxina que inclúa o título e mailo lema ou pseudónimo do autor e máis nada. Esta páxina non computará para a extensión máxima ou mínima establecida.

Os manuscritos serán enviados exclusivamente por correo electrónico ao enderezo de correo<narrativadelcentenario@pce.es>en formato ODT, Word, Apache ou PDF (aínda que a organización agradece o emprego de software libre), indicando no ASUNTO: “Concurso de Relato Curto: A Narrativa do Centenario”. Cada concursante deberá enviar dous arquivos no caso do concurso sénior e tres no caso da edición júnior:

Un arquivo co texto. O nome do arquivo debe ser o pseudónimo escollido polo autor.

A decisión do xurado farase pública antes do 20 de xullo de 2021, e comunicarase individualmente a cada un dos gañadores.

Un arquivo no que consten nome completo, nacionalidade, enderezo, documento de identidade escaneado, enderezo de correo electrónico e teléfono de contacto. O nome deste arquivo debe ser “Plica – seguido polo pseudónimo do autor”. Otratamento dos datos farase de conformidade co actual Regulamento Europeo de Protección de Datos (RGPD).

Unicamente para a edición júnior: documento de autorización asinado e escaneado polo pai/nai ou titor/a legal, no que figure o número de DNI e maila aceptación destas bases, nunha data anterior ao remate do prazo de recepción.

O prazo de recepción de orixinais comezará canda a publicación destas bases rematará o 27 de abril de 2021.

ESTABLÉCENSE ESTES PREMIOS:

  1. Para a edición sénior:

Un primeiro premio consistente na publicación do relato gañador no periódico Mundo Obrero con tirada en todo o estado español.

Unha cantidade en metálico de 400 euros.

A publicación do relato, etiquetado como PREMIADO da súa categoría, na editorial Atrapasueños, nunha edición tanto en papel como en formato electrónico, xunto cos 13 mellores textos participantes na categoría, etiquetados como FINALISTAS.

A gravación do relato en formato audiolibro por actores profesionais.

As regalías lexisladas a tal propósito no texto refundido publicado no Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril.

Para a edición júnior:

Un primeiro premio consistente na publicación do relato gañador no periódico Mundo Obrero con tirada en todo o estado español.

A publicación do relato, etiquetado como PREMIADO da súa categoría, nunha edición tanto en papel como en formato electrónico, xunto cos trece mellorestextos participantes, etiquetados como FINALISTAS.

A gravación do relato en formato audiolibro por actores profesionais.

As regalías lexisladas a tal propósito no texto refundido publicado no Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril.

Os 26 finalistas das dúas edicións, sénior e júnior, que non consigan facerse co premio recibirán como retorno pola súa participación a publicación dos seus relatos coa etiqueta de FINALISTAS tanto en papel como en formato electrónico, así como as regalías lexisladas atal propósito no texto refundido publicado no Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril.

Os textos seleccionados na obra non poderán ser publicados en ningún medio ou soporte durante un período de doce (12) meses posteriores á presentación da primeira edición do volume que recollerá os textos finalistas.

O PCE reserva para si o dereito de empregar como estime conveniente os textos seleccionados polo xurado. En calquera caso, o seu uso será sempre con fins non lucrativos e en todo caso farase especificando o nome do autor nos termos que determina a lexislación vixente.

A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

BAREMACIÓN:

Os membros dos xurados, un para a edición sénior e outro para a edición júnior, estarán compostos en cada caso por 5 ou 7 membros, dependendo das necesidades da organización do premio. Cunhademostrable traxectoria artística ou docente, establecerán os textos finalistas e o vencedor do certame en función do baremo seguinte:

10 puntos quese repartirán entre os seguintes apartados:

Mensaxe principal: de 0 a 2 puntos. Terá en conta a presenza dunha mensaxe directamente asociada á temática da presente convocatoria e á claridade na exposición da citada mensaxe desde o punto de vista do lector.

Estrutura interna: de 0 a 1,5 puntos. Valorará o patrón lóxico, a sucesión dos acontecementos, o uso dos conectores textuais e o peche da proposta literaria.

Léxico: de 0 a 1,5 puntos. Valorarase a capacidade para xerar ficción e imaxes mediante o uso das palabras.

Fluidez e ritmo: de 0 a 1,5 puntos. Valorarase o correcto uso das conexións temporais e espaciais (cronotopos) e a axeitada utilización de calquera das figuras rítmicas recollidas pola RAE.

Corrección: de 0 a 1,5 puntos. Valorarase a construción formal do texto, a ortografía, os usos gramaticais, a conformación correcta dos parágrafos, o uso de maiúsculas e a correcta puntuación.

Orixinalidade: de 0 a 2 puntos. Valorarase a innovación formal e de fondo no marco da tradición do relato curto.

Madrid, a 2 de marzo de 2021