Bichería, de Carlos López

Carlos López

Bichería

Edicións Xerais, Vigo, 56 páxinas, 15 €, 2021

Se cadra, no medio e medio da avalancha de publicacións que se acugulaban nos andeis das librarías e os espazos de compra virtual, pasou un tanto desapercibida a última proposta de Carlos López titulada Bichería. Teño para min que a escrita fresca, retranqueira e de fondo humanístico deste integrante do dúo de humor gráfico Pinto & Chinto sempre me pareceu merecente dunha maior atención.

Modernízase  e tínguese con este libro, sen esquecer un acompañamento humorístico, a tradición dos bestiarios, tan rica entre nós desde o medievo ata outras propostas máis contemporáneas, coa ollada posta nas xeracións máis novas de lectores aínda que non só pois Bichería é quen de satisfacer diferentes expectativas. Nel hai un convite explícito a ler un exercicio de fabulación marcado polo enxeño e a fantasía -extraordinariamente acompañado pola interpretación plástica dun grande como é  Xan López Domínguez- que se inspira en case cincuenta insectos, paxaros, peixes, réptiles e felinos, entre outras categorías, que se humanizan e ofrecen unha lectura simbólica tratada sempre cunha recorrente visión que repara nalgún aspecto vinculado coa orixe do animal ou nalgún comportamento específico, as máis das veces sorprendente ou estrafalario, que vai da man -ou non- do imaxinario que construímos ou que nos construíron, talvez tamén para miralos con outra perspectiva.

A organización narrativa, disposta a xeito de microrrelatos, converte esta proposta nun libro ideal para ilo gorentando aos poucos no ronsel, por certo, daquilo que Ánxel Fole nos aprendeu respecto de que un relato bo, cando se le, ten que parecer que nolo contan oralmente. Así ocorre cos que forman parte deste Bichería de Carlos López.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, na sección “Ex umbra in solem”, o 2 de abril de 2021.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s