Intempériome, de Xela Arias: unha reseña rescatada

Cando Xela Arias publicou Denuncia do equilibrio (1986) e mais Tigres coma cabalos (1990) aínda non realizaba actividade crítica ningunha. Ao darse a coñecer Darío a diario (1996) unhas notas de lectura, que extraviei, quedaron sen compoñer unha recensión pois, naquela altura, só publicaba no proxecto da Guía dos libros novos e, se non estou errado, Penélope Pedreira xa se encargara de recensionala con acerto.

Lembraba, iso si, que de Intempériome publicara unha breve nota crítica que, porén, non se conservaba na rede nin eu tampouco posuía copia ningunha. A recensión aparecera no suplemento Culturas de La Voz de Galicia, o 2 de agosto de 2003, xusto dous meses antes do seu inesperado facelemento. A breve nota crítica publicouse baixo a abreviatura de R.N. -e así aparece recollida na completísima bibliografía que elaborou Valentín Arias en Quedas en nós– pois, a carón desta, aparecía a miña lectura da novela A-Z de Xesús Fraga subscrita co meu nome completo. Supoño que por cuestións relacionadas do Libro de Estilo do xornal non se podían reiterar nome e apelido dun colaborador na mesma páxina. A Xesús Fraga, que hoxe me facilitou amablemente copia daquela páxina, agradézolle sinceramente a súa xestión.

Á espera dunha próxima reedición deste título, ao que sei sorprendente, en Edicións Xerais, deixo aquí esta que foi a miña lectura deste título.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s