Aos poucos meses do falecemento de Xela Arias, o Boletín Galego de Literatura, revista dirixida polo profesor Anxo Tarrío, presentou un volume -o vixésimo noveno- no que se homenaxeaba á devandita poeta por mor dos dez anos transcorridos desde a súa colaboración na revista- e mais a Luísa Villalta, que igualmente falecera había escasas datas e que colaborara precisamente no número que se presentaba.
O acto no que se deu a coñecer esta nova entrega celebrouse en Santiago e nel interviron Anxo Tarrío, Yolanda Castaño, Ana Romaní e Miguel Anxo Fernán-Vello, alén dun responsable da empresa que acollía o acto. Abaixo incorporo unha crónica que se publicou o 13 de maio de 2004, nas páxinas do Galicia Hoxe.
