Celebro o Día do Libro cunha relectura de Tigres coma cabalos, de Xulio Gil e Xela Arias. Un libro, ao meu ver, máis relevante do que se valorou no momento da súa publicación. Este volume, agora reeditado por Engaiolarte, suscitou bastantes ecos mediáticos e non só. Recupero aquí un, da man de Maite Gimeno para as páxinas do Atlántico e que viu a luz o 11 de marzo de 1990, poucos días antes da súa presentación. Tamén outro reportaxe publicada nas páxinas do Diario 16, sen asinar, con outra entrevista a Gil e Arias que igualmente recupero aquí.