Sobre unha antoloxía e un título desbotado de Tigres coma cabalos, de Xela Arias

Atopei esta fin de semana algunhas cousas curiosas de e sobre Xela Arias na miña biblioteca das que irei dando conta.

Ao fío dun interesante artigo de Daniel Chapela onde se detiña na falta de centralidade, ou se se quere situación periférica, que ocupaba a obra poética de Xela Arias a través da súa presenza, ou ausencia, nalgunhas antoloxías poéticas dos últimos anos, dei con esta que publicou Visor no ano 1990 baixo o título de Poesía Gallega de Hoy -Antología- cun prólogo e selección de voces a cargo do profesor Basilio Losada.

Nela, alén de haber só dúas voces de mulleres que son Xela Arias -que na información bibliográfica aparece como autora dos seus dous primeiros libros poéticos- e Luísa Castro, recóllense cinco poemas de Denuncia do equilibro (“Apátridas”, “Transferidos os silencios paseei logo”, “Probas” e “Polo paseo arriba naquilo que”) e seis composicións que aparecerían en Tigres coma cabalos, tamén publicado no ano 1990 como son “I. Monólogo adicto” -que en Tigres aparecería modificado co número romano II- “Borracho”, “Cervexas”, “Vente”, “Desmán” e “Para artistas”.

Todos eles aparecen con traducións ao castelán que -segundo indica o prologuista- foron realizadas pola propia Xela Arias.

O dato curioso reside na referencia explícita que Xela Arias fai a ese gurpo de seis poemas como tirados do libro inédito Atrapados: furias. Evidentemente un dos títulos que manexou para o que sería Tigres coma cabalos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s