Avanzamos na recta final deste ciclo de homenaxe a Xela Arias no IES Castelao e hoxe acudiu a escritora Emma Pedreira a realizar un encontro, moi proveitoso e activo, co alumnado.
Emma Pedreira, autora da biografía XelaArias. Palabra á intemperie, con ilustracións de Laura Romero, ofreceu unha intervención que xerou o interese do alumnado, e non só, ao centralizar a atención do seu discurso nas chamadas tupper-Xela: catro caixiñas transparentes de plástico, correspondentes a cada unha das letras do seu nome, das que foi extraendo obxectos que, dalgún xeito, serviron como fío para elaborar o seu discurso: o “X” de xénese, o “E” que afonda nos estudos e na experimentación que domeou a súa obra, o “L” de liberdade ou de leite en relación á maternidade e o “A” final en virtude da súa querenza antisistema.
Un luxo escoitar hoxe a intervención de Emma Pedreira. Beizón pola túa participación neste ciclo.