Grazas, RAG!

Souben hai un pouco que o plenario da Real Academia Galega decidiu hoxe nomear académico de número a Gonzalo Navaza e membros correspondentes a Celia Pereira Porto e mais a quen está detrás deste blog. Vaian, en primeira instancia, os meus parabéns a Gonzalo e Celia, persoas que admiro moito desde hai anos.

Naturalmente, a miña gratitude ás persoas que pensaron en designarme e as que decidiron co seu voto que formase parte desta institución. Síntome honrado e agradecido.

Obrigado tamén a todas as persoas que, dunha maneira ou outra, me contaxian a súa alegría por esta decisión. Saúde e, como dicía un vello profesor meu, cante o merlo!