Holmes, adaptado

A editorial Bululú botou a andar un proxecto do que cómpre deixar constancia aquí pois participo da opinión que a posta en circulación de propostas de clásicos adaptados con seriedade e rigor para un franxa de lectorado inicial, en edicións asequibles e, ao mesmo tempo, coidadas e atractivas desde o punto de vista estético non deixará de ter sempre unhas consecuencias positivas para a promoción da lectura.

E así é como podemos acceder a dous títulos -ao que parece iniciais- de Arthur Conan Doyle pertencentes á serie de “Sherlock Holmes para pequenos detectives” como son O carbúnculo azul e, o se cadra máis popular, Estudo en escarlata. Ambas as dúas son traducións para o galego que veñen da man de Maruxa Zaera que aborda con tino a adaptación que realizou dos orixinais Stephanie Baudet que incorporou suxestivas aclaracións que axudan a comprender tanto este tipo de narrativa de detectives como o contexto da época na que se desenvolven. É de regra apuntar, asemade, o corpus de ilustracións acaído a cargo de Arianna Bellucci.

Benvida esta nova serie de publicacións en lingua galega chea de potencialidade para espertar o gusto pola lectura entre as persoas máis novas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s