Mañá vén meu tío, de Sebastián Santana Camargo

Sebastián Santana Camargo

Mañá vén meu tío

Editorial Galaxia, 15,20 páxinas, 32 €, 2021

Saúdo, e aplaudo, esta publicación que vén da man da editorial Galaxia titulada Mañá vén meu tío, de Sebastián Santana: un escritor arxentino con devanceiros galegos e radicado na actualidade en Montevideo.

É este un libro, traducido á lingua galega, senlleiro e inusual xa non só polo formato en que se presenta senón pola querenza que exhibe polo minimalismo, tanto na orde expresiva como nos trazos que gobernan as ilustracións, focalizadas sempre no mesmo personaxe, sempre diante dunha porta pechada que nunca se abre aínda que tampouco por iso perde as esperanzas depositadas na visita do seu familiar. O protagonista, anónimo, non se frustra nunca, sempre mantén no seu horizonte de expectativas un desexo intacto que nunca se desgasta e que só o paso do tempo poderá truncar.

De non termos en conta a aclaración autorial que se incorpora ao final do libro, as interpretacións que se poderían facer del serían heteroxéneas e sería difícil non caer no enigmático ou no críptico. Non é así: a intención confesada deste álbum ilustrado é a de orientar o seu final, como un golpe de efecto co que todo cobra sentido, cara ás persoas desaparecidas forzosamente, fosen estas do tempo e do lugar que fosen. Un volume, non teño dúbida, de interese para calquera persoa á marxe da súa idade; un libro que testemuña como aínda é posible explicar cousas, e sentilas, de maneira conmovedora.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s