Miñoca e coello, de Ramón D. Veiga e Iván R.

Ramón D. Veiga

Miñoca e coello (ilustracións de Iván R.)

Xerais, Vigo, 56 páxinas, 12,20 €, 2021

Avanza co pé firme Ramón D. Veiga -e as máis das veces compartindo proxectos co ilustrador Iván R.– polos campos non sempre doados da literatura infantil e xuvenil como testemuñan diversos libros que foron vendo a luz nos últimos anos.

Nesta ocasión ideou, a xeito de fábula, unha divertida e imaxinativa historia protagonizada por unha miñoca falangueira e un coello enfurruñado. Que poden ter en común ambos os dous? Que pode saír deste encontro? Máis do que nun comezo se puidese pensar pois o autor é quen de conducirnos, e probablemente aínda máis a esa franxa de idade composta polas persoas máis novas da casa, a través da sorpresa, a ironía e o sorriso, polos conceptos da amizade e do respecto á diferenza cunha reviravolta conclusiva inesperada e reflexiva que outorga ao relato, ademais, certa intención circular e que, ademais, abre moitas posibilidades para converter esta primeira entrega nunha serie respecto da que non é difícil conxecturar a súa cálida acollida para quen foi ideada e escrita. Oxalá así sexa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s