Cancións, de Xela Arias

Xela Arias

Cancións (+ cd Desertores)

Xerais, Vigo, 120 páxinas, 14,90 €

Eis o final, talvez, deste tsunami que foi o DLG dedicado a Xela Arias. De “ano dos prodixios” fala Teresa Cuíñas, que subscribe un limiar memorable onde desvela as claves que conduciron a Arias a escribir, a fins dos 80, as letras destas cancións que se poden ler e oír nun indispensable cd do grupo de rock Desertores para quen foron escritas. Pescúdase na relevancia que a música gozou na súa produción e rastréxanse con fortuna os ecos dese magma creativo. Velaquí a memoria da escritora que, unha vez máis, regresa ao futuro.  

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 3 de decembro de 2021.