Caderno da crítica: outro motivo de celebración

Celebrou o Caderno da crítica os seus dez primeiros anos de vida en outubro de 2020 e seguimos de celebración pois hai uns días superou o millón de visitas con preto de 3.700 artigos desde 2010. Só podo dar un millón de grazas a todas as persoas subscritas e a aqueloutras que, con frecuencia ou non, pasan por esta bitácora: talvez un formato que non está de moda pero que, particularmente, entendo como esencial na miña tarefa crítica e na miña identidade dixital. A miña gratitude.

2 Comments

Os comentarios están pechados.