Eternity, de Xosé Monteagudo

Xosé Monteagudo

Eternity

Galaxia, Vigo, 200 páxinas, 15,50 €, 2021

“Todo relato sobre outra persoa sempre remata por ser tamén un relato sobre quen o crea” afirma a protagonista da última novela de Xosé Monteagudo que resultou galardoada na XV edición do premio de narrativa breve Repsol 2021. A sentenza goza de sentido pleno se a valoramos dentro do desenvolvemento argumental desta peza mais, talvez, poida abrazar outras posibles lecturas. Con todo, e á marxe destas consideracións, de Eternity sintetizaría tres aspectos que a singularizan.

En primeira instancia, salienta nela un rexistro narrativo áxil, moi traballado e dono dun ritmo propio que explica  as razóns que conducen a considerar a prosa de Monteagudo como unha das máis transparentes e brillantes. En segundo lugar, esta novela idea un argumento que desenvolve un “que ocorrería se…?” máis que posible, isto é, e se existise un lugar en internet, poñámoslle “Eternity”, que preservase a memoria das persoas que falecen converténdose dalgún xeito nun verdadeiro cemiterio virtual? Por tanto, velaí a pairar a idea da morte, mais tamén a da reconstrución da memoria, sempre distinta en función da óptica persoal de quen a comparte e, por suposto, a presenza da persecución teimosa de transcendencia do ser humano que, ademais, incorpora o concepto da dixitalización das nosas vidas. E todo isto desenvolto, ademais, con outro fío argumental parello como é o da descuberta dun pasado enigmático da protagonista grazas á memoria da súa propia nai.

En terceiro lugar non esquezo outras liñas temáticas que se desvelan como suxestivas e solidamente integradas tales como a precariedade laboral ou outro aspecto que me interesou especialmente, case de filiación metaliteraria, como é o da reflexión sobre as claves que gobernan a construción textual dos relatos, sexan estes os que refiren a vida das persoas falecidas ou, por extensión, os que atinxen á estética narrativa presente nesta recomendable novela, tan operativa para pensarmos nas relacións entre o aquén e mais no alén, aínda que este sexa de natureza, polo de agora, virtual.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, sección Ex umbra in solem, de La Voz de Galicia, o 7 de xaneiro de 2022.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s