A miña lingua a túa lingua, de Viravai

Viravai

A miña lingua a túa lingua

Galaxia, Vigo, 24 páxinas, 15,20 €, 2021

Recibín onte A miña lingua a túa lingua, publicado en Galaxia e do que se responsabiliza Oviravai: unha compañía de noso centrada no desenvolvemento de contidos educativos e culturais para un público infantil e familiar.

Nesta ocasión, pois xa contan no seu haber con outros proxectos musicais editados no mesmo selo editorial como foron As andanzas de Paio (2016) e Paio e o poder da música (2018), son tamén o seus fundadores, Verónica Santalices e Federico Welicki, xunto con Erika Welicki Santalices e Xacob Welicki Santalices, alén doutros músicos, os que ofrecen esta proposta en formato de álbum que incorpora un código QR para acceder aos contidos musicais e a diverso material audiovisual, con ilustracións a cargo de David Ouro. Co proxecto preténdese ofrecer unha introdución básica e efectiva aos contidos máis elementais e sinxelos da lingua inglesa a través dunha narración, loxicamente en galego, con ritmos vivos acaroados á música rock a través dunha personaxe que é a ‘teacher’ Lu, operativa como fío condutor do proceso de aprendizaxe dunha obra que, ademais, constitúe un material didáctico de inequívoca utilidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s