Novidades Florencio Delgado Gurriarán. (serie FDG V)

Recibo tres volumes, presentados en edicións exentas e sen aparato crítico ningún, de tres títulos relevantes da obra de Florencio Delgado Gurriarán como son Bebedeira, Galicia infinda e O soño do guieiro. Todos eles aparecen na editorial Galaxia baixo a responsabilidade de Dulce Fernández Graña, que se encarga da fixación textual e da actualización ortográfica e gramatical.

Unha achega a ter en conta para este Día das Letras Galegas malia que, desde un punto de vista didáctico e filolóxico, moitos nos gustaría velos acompañados dalgunhas liñas que contextualizasen e analizasen, preceptivamente, cada unha destas achegas. Con todo, moi benvidas sexan.