“E o sol era Ela”, de Medos Romero e “O cervo e a sombra” de Diego Ameixeiras, Premios da Crítica Española

Este pasado sábado, día 9 de abril, fixéronse públicos en Valencia os Premios da Crítica Española na modalidade de lingua galega. O prestixioso galardón, escollido entre os membros da Asociación Galega da Crítica, deuse a coñecer no tradicional acto organizado pola Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) no que se deron conta dos galardóns noutras linguas estatais alén, por vez primeira, dunha nova modalidade en lingua estranxeira.

Nesta ocasión o premio de poesía recaeu no volume E o sol era Ela, de Medos Romero e, o de narrativa, na novela O cervo e a sombra, de Diego Ameixeiras. Parabéns para ambas as dúas voces.