37º edición dos Premios Antón Losada Diéguez

Foi un pracer participar hoxe, en representación da RAG, no ditame da 37ª edición dos Premios Losada Diéguez no Concello de Boborás.

Tras os debates preceptivos os libros galardoados resultaron ser, na categoría de creación literaria, a novela A carteira, de Santiago Lopo (Xerais) e, na modalidade de ensaio e investigación Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, do investigador Roberto Mera (Belagua). Deixo aquí e mais aquí as recensións que, no seu día, fixen de ambos os dous volumes.

Grazas ao Concello de Boborás, representado pola alcaldesa Patricia Torres e polo interventor Jorge Moreno Martín-Caloto, polo trato exquisito e a boa organización que dispensou a un xurado constituído pola propia alcadesa, Henrique Costas, Luís G. Tosar, Carlos Biscaínho F., Diego Fernández, Paco Fariñas, María Xosé Porteiro e eu mesmo.

Parabéns a senllos autores e, por extensión, ás editoriais que os acolleron e publicaron.