Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV, de Marisa Vidal Collazo

Marisa Vidal Collazo

Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV (ilustracións de Sole Pite)

Galaxia, Vigo, 132 páxinas, 18 €, 2022.

A peregrina e escritora Exeria, incluída no discurso “Alba de Groria” de Castelao,  adquire case entidade corpórea neste ensaio que se le como unha novela, iluminado coas ilustracións de Sole Pite. Nel outórgaselle un nesgo humanizador e feminista que pon o foco na relevancia da súa viaxe a Terra Santa, espellada na escrita do seu Itinerario, ao tempo que reivindica as dimensións da súa voz nos tempos convulsos do século IV e no seo dunha igrexa incipiente. Velaquí unha sorte de viaxe cuántica que nos traslada do pasado ao presente, e viceversa, e que ofrece unha estimable oportunidade para aprender e reflexionar.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, o 29 de abril de 2022.