Un elefante na sala de estar, de Berta Dávila

Berta Dávila

Un elefante na sala de estar

Xerais, Vigo, 140 páxinas, 12,95 €, 2022.

Hai grandes propostas na nómina dos premios Jules Verne, pero talvez esta de Berta Dávila, na que recaeu o galardón hai uns meses, constitúa unha das máis apreciables achegas ao xénero da literatura xuvenil galega nos últimos anos. A prosa limpa, estilizada e áxil, que exhibe; o acerto dunha estrutura narrativa coral que sempre achega matices novos e inesperados; a intensa e transparente carga emocional que se acumula páxina a páxina anoada á temática da culpabilización e do suicidio, sen esquecer o estigma que este leva asociado, resultan argumentos tallantes e de peso que explican, sen temor a errar, unha novela brillante.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 29 de abril de 2002.