O tempo das mareas. María Casares e Galicia, de María Lopo (reedición)

María Lopo

O tempo das mareas. María Casares e Galicia

Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2ª ed., 219 páxinas, 2022.

Hai seis anos ocupábame, nas páxinas do suplemento Fugas e neste mesmo o blog, dun volume que ofrecía un rigoroso traballo da investigadora María Lopo sobre o que foi, e aínda é, un dos seus obxectos de estudo e esculca, isto é, a figura de María Casares. Valoracións, loxicamente, que manteño sen ningunha dúbida.

O tempo das mareas. María Casares e Galicia, así pois, alén daquela primeira edición, que cadraba cos oitenta anos desde a chegada de María Casares a Francia e vinte anos despois do seu falecemento na terra que acolleu o seu exilio, goza agora de continuidade nesta segunda edición, revisada e aumentada, que cadra oportunamente co centenario do seu nacemento e que se pode consultar premendo na web do Consello da Cultura Galega e que convido vivamente a coñecer.