Apertura do Simposio Florencio Delgado Gurriarán

Foto: RAG

Participei, este pasado xoves 3 de novembro, na apertura do Simposio Florencio Delgado Gurriarán, que se celebrou na sede da Academia Galega e que terá continuidade noutra sesión o vindeiro día 10 deste mesmo mes.

Agradezo aquí a invitación recibida no seu día das persoas que organizaron o evento e que deu como resultado a defensa dun relatorio en que me detiven en diversos aspectos derivados da correspondencia epistolar que Florencio Delgado Gurriarán mantivo con Ramón Otero Pedrayo e Rodolfo Prada.

Foi un pracer saudar, ademais, a moitas das persoas que alí se achegaron, ás responsables dese proxecto chamado “As letras de Florencio” e, ademais, charlar con Ricardo Gurriarán, principal responsable da perpetuación da memoria de Delgado Gurriarán e que presentou unha achega substantiva como é Co anceio de volver. Conversas con Florencio Delgado e Celia Teijeiro.

Deixo aquí o vídeo que recolle as intervencións de toda a xornada. Beizón.