Presentación de Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo

Este pasado día 12 de xaneiro a libraría viguesa Cartabón acolleu a presentación do volume Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo. Participaron nela Fran Alonso, director da editorial; Marián Vidal, bibliotecaria técnica da Biblioteca Penzol mais o catedrático emérito Xesús Alonso Montero. Grazas á cortesía da libraría deixo aquí o vídeo que recolle a presentación.

Grazas ás persoas que me acompañaron na mesa e tamén tanto a todas aquelas que asistiron como as que non o puideron facer pero sei que lles gustaría estar.