Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil, de Antón Mascato e Pepe Carreiro

Antón Mascato / Pepe Carreiro

Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil

Galaxia, Vigo, 36 páxinas, 16,90 €, 2023

Neste 17 de marzo, Día do Cómic, caeu dun xeito un tanto casual esta proposta en banda deseñada da que se responsabilizan Antón Mascato, na parte textual, e Pepe Carreiro no ámbito da ilustración.

Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil supón, daquela, un achegamento atractivo a Don Paco que, sospeito, ha cumprir un papel relevante na divulgación da súa figura entre unha franxa de lectorado nova mais non unicamente pois, cando menos no meu caso, resultou unha lectura satisfactoria nun formato no que Del Riego debía estar presente.

Non é doado -pode parecer unha sorte de mantra pero na realidade é así- sintetizar o seu percorrido biográfico en calquera xénero no que se aborde mais neste caso a escolla dos capítulos vitais, políticos e culturais escolmados resulta cabal e aquilatada. Alén de contar coas necesarias balizas históricas latexa nestas páxinas un exercicio moi suxestivo, discursivo e plástico, no que atinxe, por exemplo, ao mundo da lectura -e das primeiras lecturas- no que Don Paco prendeu desde novo e, por outro lado, aparece subliñada con acerto e recorrencia a quebra que supuxo o golpe de estado do ano 36 e as súas funestas consecuencias, tanto para o biografado como para a cultura e sociedade galegas.

Os meus parabéns, pois, por esta iniciativa que merece todos os meus aplausos e á que lle desexo moitas lecturas e difusión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s