Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás

Ramón Nicolás (Vigo, 1966) é licenciado en Filoloxía galego-portuguesa e profesor de lingua e literatura galega nun centro de ensino público de secundaria en Vigo. Exerceu a docencia na Universidade de Vigo e é crítico literario desde 1990. Colaborou en diversos medios escritos e audiovisuais e faino na actualidade, con periodicidade semanal, nas páxinas do suplemento ‘Fugas de La Voz de Galicia. Ademais, responsabilízase da sección ‘Breviario’ da revista Biblos. Club de lectores e colaborou no programa ‘Libro aberto‘ da TVG. Foi responsable de asinar as páxinas de información de libros galegos na revista Qué leer.

Asemade é tradutor e ensaísta e, desde 1995, dirixe a colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia e recibiu o premio á cooperación editorial no ano 2004 instituído por esta editorial polo seu labor como crítico literario. Foi valorado en sucesivas votacións organizadas pola web Fervenzas Literarias como mellor crítico literario dos anos de 2008, 2009, 2010 e 2011; tamén a súa tradución de Sete casas en Francia, de Bernardo Axtaga, foi considerada como mellor libro na sección de tradución para adultos en 2009 na mesma web. Entrou, como tradutor, na Lista de Honra do IBBY en 2015 pola tradución de Bisa Bea, Bisa Bel, de Ana Maria Machado.

No ano 2011 a súa tradución de 30 gramos, de Leonel Moura, foi galardoada co Premio Lois Tobío á mellor tradución de 2011 pola Asociación Galega de Editores, recibindo tamén nese mesmo ano o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor traxectoria en xornalismo cultural.

Nos anos 2012, 2013 e 2014 recibiu o premio AELG ao mellor blog literario polo Caderno da Crítica. Asemade, o autor tamén foi o gañador na categoría de ensaio por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Con esta biografía do poeta celanovés, Ramón Nicolás gañou en 2013 o Premio Losada Diéguez na modalidade de Investigación e Ensaio.

>> Máis información na web da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: