Selfies medievais

O universo da lectura e do libro ofrece, case sempre, sorpresas fascinantes e inesperadas. Unha delas, para min, foi atopar unha serie de autorretratos que ilustradores medievais deixaron de si mesmos nos libros nos que traballaban.

      Traio aquí hoxe, máis adiante virán outros, un caso pouco frecuente tirado da Württembergische Landesbibliothek de Stuttgart (Cod. mus. I 2 65, ano 1512), que provén do ilustrador alemán Nikolaus Bertschy onde aparece xunto coa súa esposa quen terma dunha gran cunca cun brazo mentres que o outro o fai  pousar no seu ombreiro. Malia o inusual da escena de traballo Nikolaus preséntase sen intención de ocultar a súa identidade e, ao seu lado, incorpora a imaxe do escribán Leonhard Wagner (a quen se corresponde a abreviaturaLW” sobre o escudo branco): dous artesáns, pois, autorretratados en tempos medievais (fonte: http://medievalbooks.nl/about-me/).

2 Comments

Os comentarios están pechados.