O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira

Beatriz Maceda Abeleira

O álbum de Garrincha (ilustracións de Laura Veleiro)

Galaxia, Vigo, 2015, 180 páxinas, 11,50 €

 

 

A figura do célebre xogador de fútbol brasileiro Garrincha que foi símbolo dun inequívoco e exitoso afán de superación, un álbum con retallos de xornal sobre a vida deste e a realidade da inmigración protagonizada por João e seus pais que se instalan en Galicia, constrúen unha suxestiva novela de protagonismo xuvenil con diversos focos de interese. Nela, a práctica do deporte convértese nunha dinámica de valor incalculable para a integración social onde non xoga un papel secundario a concepción da lectura como ventá aberta e precisa para coñecer o mundo.

Baixo o título de “O fútbol e a integración social” esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 10 de xullo de 2015.