Ruído de trens, de Eduard Velasco

Eduard Velasco

Ruído de trens (limiar de Isaac Lourido)

Espiral Maior, Culleredo, 49 páxinas, 12 €

 

 

Galardoado na última edición do asentado Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, Ruído de trens presenta unha voz poética depurada e suxestiva. Eduard Velasco ofrece nesta opera prima un percorrido que apela, desde a memoria, ao tránsito, ás paisaxes habitadas, por veces tanxibles e en ocasións deseñadas coa ferramenta da imaxinación. Aí agroman, aquí e acolá, os ecos da carnalidade e o coidadísimo son das palabras, se se quere da propia linguaxe, mesmo cando se redimensiona o que alguén xa se escribiu para gozarmos así doutros sentidos. Palabras, como non, para abrazar e abrazarse.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 23 de outubro de 2015 baixo o título de “Palabras para abrazarse”.