Novidade (193): Antón e os inocentes, de X.L. Méndez Ferrín

XG00299701No ano 1976 Edicións Xistral publicaba Antón e os inocentes, de X.L. Méndez Ferrín. A reeditaríase en Sotelo Blanco, cun limiar do autor  escrito dez anos despois, e agora chega esta nova edición que correu a cargo de Antón Blanco Casás en canto á fixación textual e un breve prólogo e unha fotografía extraordinaria na cuberta a cargo de Manuel G. Vicente.

Escrita no penal de El Dueso, forma parte dunha triloxía xunto con No ventre do silencio e a inédita Os corvos, a figueira e a fouce de ouro. Antón e os inocentes recupera unha proposta textual relevante e esixente, que repara no Vigo proletario dos anos cincuenta do pasado século, e que no seu día -segundo o seu editor- foi case ignorada pola crítica.