Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta

Polo Correo do Vento SC

Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta

Lela Edicións, Poio, 32 páxinas, 6 €, 2023

Na colección “Mulleres galegas” incorpora Polo Correo do Vento un novo título orientado a suxerir un achegamento á figura que protagonizará o Día das Letras Galegas 2024. Ilustrado suxestivamente, como en ocasións anteriores, pola artista plástica Tania Solla.

Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta constitúe, que eu saiba, a primeira achega en forma de publicación que se ofrece tras a decisión da Academia Galega de homenaxear o ano que vén á autora de Música reservada e, dirixida a un lectorado novo, coido que cumpre con perfección a función de presentar os trazos biográficos básicos de Villalta, a carón de orientar sobre a dimensión creativa da autora onde a música, a literatura e tamén a actitude reinvindicativa -feminista, ecoloxista e nacionalista- que proxectou sobre tantas frontes queda, ao meu ver, acaidamente deseñada e operativa para ser espellada entre o alumnado galego e non só.

Primeiro paso do que desexo sexa un vizoso, honesto e completo ano Luísa Villalta.