Cuestionario Proust: Begoña Díez

Begoña Díez

 1.– Principal trazo do seu carácter?

A empatía.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

A empatía, a sinceridade, a inquietude, o sentido do humor.

3.– Que agarda das súas amizades?

– Sinceridade…

4.– A súa principal eiva?

A inseguridade e ás veces o inconformismo.

5.– A súa ocupación favorita?

– Aprender.

6.– O seu ideal de felicidade?

Atopar o camiño á felicidade.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

– Renderme.

8.– Que lle gustaría ser?

– Feliz, así de simple e de complicado.

9.– En que país desexaría vivir?

Postas a pedir, nun máis xusto e igualitario.

10.– A súa cor favorita?

– Depende do momento e do estado de ánimo.

11. – A flor que máis lle gusta?

As margaridas de cores, de calquera cor.

12.– O paxaro que prefire?

– O colibrí.

13.– A súa devoción na prosa?

Kafka, Beckett, Amelie Nothomb, Mery Shelley…

14.– E na poesía?

María do Cebreiro, Daniel Salgado, Andrea Nunez, Lois Pereiro, Beckett, Sylvia Plath, Vicente Huidobro, Allen Ginsberg, Jean Arp…

15.- Un libro?

Sempre.

16.– Un heroe de ficción?

– Sísifo.

17.– Unha heroína?

Esther Greenwood.

18.– A súa música favorita?

– Depende do momento…

19.– Na pintura?

– Munch, Eduardo Naranjo…

20.– Un heroe ou heroína na vida real?

– Rosa Parks, As trece rosas…

21.– O seu nome favorito?

  Gabriela e Xiana.

22.– Que hábito alleo non soporta?

A fata de empatía, gran mal da sociedade.

23.– O que máis odia?

– A inxustiza e a intolerancia, en calquera ámbito da vida, e a falta de sinceridade.

24.– A figura histórica que máis despreza?

– Calquera ditador.

25.– Un feito militar que admire?

– Calquera feito de revolución do pobo.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

– O don das linguas.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

– Coa conciencia tranquila de que fixen e dixen todo que quería dicir e facer.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

– A espera.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

A gula.

30.– Un lema na súa vida?

– Somos un segundo na vida das pedras.