Cuestionario Proust: Érica Esmorís

Érica Esmorís

1.– Principal trazo do seu carácter?
-A sensibilidade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A capacidade de rirse dun mesmo.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Novas e divertidas aventuras.
4.– A súa principal eiva?
-Son moi despreocupada (pola miña aparencia, pola miña saúde, polo estado da miña conta bancaria, a desorde xeral na miña casa). Tan só se salva o ordenador que, de ordenado, non parece meu.
5.– A súa ocupación favorita?
-A praia en todas as estacións do ano.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Amar e ser amado e vivir como eu quero (e se é nunha casa na praia e rodeada de animais, mellor).
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-A enfermidade ou perda dun dos meus.
8.– Que lle gustaría ser?
-Escritora e libre.
9.– En que país desexaría vivir?
-En todos os que me leve a miña vella furgoneta.
10.– A súa cor favorita?
-A amarela.
11. – A flor que máis lle gusta?
-As que tinguen de cores os campos, as silvestres.
12.– O paxaro que prefire?
-Calquera das aves de mar.
13.– A súa devoción na prosa?
-As historias que narran vidas enteiras.
14.– E na poesía?
-As que dan para imaxinar vidas enteiras.
15.– Un libro?
Cien años de soledad.
16.– Un heroe de ficción?
-Agora mesmo non se me ocorre ningún.
17.– Unha heroína?
-Pippi Langstrump.
18.– A súa música favorita?
-Jam e Eddie Vedder en solitario.
19.– Na pintura?
-Turner.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Miña nai.
21.– O seu nome favorito?
-Momo.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-Os asubíos. Non soporto as melodías asubiadas.
23.– O que máis odia?
-O único que realmente odio son os pementos.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Non sei se son ás que máis desprezo pero a figura dun toureiro é, para min, incomprensible.
25.– Un feito militar que admire?
-Ningún pero, falando de Turner, gustaríame poder ver, por exemplo, ao xeneral Aníbal cruzando os Alpes para atacar Roma, simplemente por curiosidade
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-O don da boa caligrafía.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-De ningunha maneira. Espero que non sexa obrigatorio.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-A alegría.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Os que non desestabilizan os meus valores.
30.– Un lema na súa vida?
-Por que non?