Cuestionario Proust: Montse Fajardo

Montse Fajardo

1.– Principal trazo do seu carácter?
– Tenacidade… (pode que sexa teimuda de máis).
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A nobreza.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Empatía e autenticidade.
4.– A súa principal eiva?
– A falta de temperanza.
5.– A súa ocupación favorita?
– Escribir.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Ter paz interior e sentirme querida. Non necesito máis ….
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Que me faltara alguén que quero.
8.– Que lle gustaría ser?
-Se non fora xornalista, desexaría ser mestra.
9.– En que país desexaría vivir?
– Galiza está ben como fogar. Logo iría pasar unhas vacacións a algunha illa grega…
10.– A súa cor favorita?
-O morado, claro!
11. – A flor que máis lle gusta?
– A gardenia.
12.– O paxaro que prefire?
– O paxaro que voa libre
13.– A súa devoción na prosa?
– Almudena Grandes, Manolo Rivas, Antonio Gala… E calquera artigo xornalístico de Juan José Millás.
14.– E na poesía?
– Eugénio de Andrade
15. – Un libro?
– Buff tantos! El lector de Xulio Verne, Que me queres, amor? El águila bicéfala, Momo….
16.– Un heroe de ficción?
– Águila roja? É mestre e de esquerdas…
17.– Unha heroína?
– Eladia Torres, de Las tres bodas de Manolita.
18.– A súa música favorita?
– Son moi melómana. Gústame case todo. Por sentimento, quedaría con tres sons: “En un rincón del alma”, de Alberto Cortez, que lle puxo música á miña infancia nunha familia melómana. Algunha de Juan Luis Guerra, que me lembra ao primeiro amor e o “Nessum Dorma!”, porque me emociona ata as bágoas.
19.– Na pintura?
– Uxío López, Antón Rivas Briones, Maruja Mallo e Picasso.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Carmen Meaños, “a Carrilla”, Isolina Villaverde Cendón, Teresa do Cacharado, Josefina Arruti…, calquera muller que saíra adiante tras padecer a barbarie do 36.
21.– O seu nome favorito?
– Victoria, porque é o da miña nai.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– O uso de escarvadentes para algo que non sexa pinchar o polbo.
23.– O que máis odia?
– A hipocrisía.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– A Franco, a Hitler e todo o que representan.
25.– Un feito militar que admire?
– A lealdade dalgúns militares ao goberno lexítimo da II República e na actualidade, a loita do Frente Polisario.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– A serenidade.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Sen dor, e con alguén querido preto.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Ultimamente, a emoción.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os que fan máis dano á persoa que os ten que aos demais, como a inseguridade.
30.– Un lema na súa vida?
– Nun programa de televisión escoitei hai pouco un poema fermoso de Marisa Peña que resume ben no que ando ultimamente:

“Mientras me quede voz
hablaré de los muertos
tan quietos, tan callados,
tan molestos.
Mientras me quede voz
hablaré de sus sueños,
de todas las traiciones,
de todos los silencios,
de los huesos sin nombre
esperando el regreso,
de su entrega absoluta
de su dolor de invierno.
Mientras me quede voz
no han de callar mis muertos”

2 Comments

  1. Que extraordinaria que eres Montse, la riqueza por suerte se encuentra en el interior, como la tuya.

Os comentarios están pechados.