«Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas

ostasLedicia Costas

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Xerais, Vigo, 2016, 248 páxinas, 12 €

 

Ledicia Costas, neste Premio Lazarillo de Creación Literaria 2015, dálle vida a unha estirpe fantástica de raíz feminina en Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.

A voz narrativa desta novela concentra a súa cerna nunha sentenza que di “aventura de flores, océanos e criaturas verdes. De feluxe, raíces e artistas de circo”. En efecto, este libro é isto, pero aínda máis. Costas reconstrúe o Vigo de finais do século XIX con brillantez, homenaxea a memoria do gran Verne, chíscalle un ollo a Philip Pullman, outorga protagonismo equilibrado a achados fantásticos como son un libro cheo de segredos, o chamado Merveilleux Nautilus e as femmes plante. Con todo isto dálle vida a unha estirpe fantástica de raíz feminina que envolve con solidez nunha trama imaxinativa, enfeitizante e que, literariamente, escintila por si mesma. Un libro con maxia.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o  22 de xullo de 2016,  baixo o título de “Un libro con maxia”.

2 Comments

Os comentarios están pechados.