As cinco castes, de María Victoria Moreno

No ámbito dos rescates deses libros inéditos  de María Victoria Moreno, grazas á colaboración da familia da autora e a Xavier Senín, cómpre apuntar As cinco castes, que probablemente sexa un dos últimos que escribiu. Tráenolo de novo Urco, nesta ocasión con ilustracións de Lidia Cao, selo que evidenciou o seu intenso compromiso con esta autora e a súa obra. Na historia das “cinco castes”, orientada como unha redonda metáfora, un can imaxina cinco castes simbólicas na Terra: “paxariños, bichos, animais, nós e amos”, e son precisamente os últimos os que non quedan moi ben parados neste universo tan senlleiro.