Novidade (36): Memoria dos días, formas da levidade. Poesía reunida (1979-2017), de Xulio L. Valcárcel

Este outono tróuxome un libro devecido, do que sabía da súa existencia pero ao que non tivera a oportunidade de chegar. Trátase de Memoria dos días, formas da levidade. Poesía reunida (1979-2017), de Xulio L. Valcárcel, nunha edición a cargo do profesor Luciano Rodríguez e publicado hai xa algúns meses, con elegancia e coidado, por Medulia Editorial.

O volume, que conta cun extenso prólogo a cargo de Luciano Rodríguez, incorpora a totalidade da obra publicada por Xulio L. Valcárcel ata o ano 2017 composta por sete libros aos que se engaden nesta publicación dous libros de poesía máis: Límites (2015) e Outono nos espellos (2017). Agardo poder realizar un comentario máis extenso no futuro pois é un libro que, sen dúbida, pon na man das persoas interesadas unha das voces máis salientables da poesía galega contemporánea.