Novidade (133): 1[14]1, de Alberte Momán

1-14-1Belagua ofrece nestes días un novo libro de Alberte Momán titulado 1[14]1. En palabras do seu prologuista, o escritor e profesor Henrique Dacosta, autor dunha análise demorada da obra poética global de Momán, este libro vincúlase co “oxímoro”: “elemento axial e enormemente caracterizador e poderoso na poética de Alberte Momán”. Sexa benvido.