Sherlock Holmes Anotado, de Arthur Conan Doyle

Arthur Conan Doyle

Sherlock Holmes Anotado (volume I)

Morgante, Cangas do Morrazo, 536 páxinas, 2013, 50 €

 

 

 

Sherlock Holmes Anotado (volume II)

Morgante, Cangas do Morrazo, 708 páxinas, 2013, 50 €

 

Deixar unhas liñas arredor do que significou e significa Arthur Conan Doyle para a literatura universal, e máis concretamente sobre o seu Sherlock Holmes estaría probablemente de máis por recorrente e reiterado.

      Por esta razón simplemente quero hoxe deixar constancia aquí da miña satisfacción ao ver publicado en lingua galega, mercé ao labor da editorial Morgante, a serie de novelas protagonizada polo célebre investigador nunha espléndida iniciativa que incorpora, como novidade, un interesante e traballado corpus de anotacións, neste caso a cargo do escritor e xornalista Xesús Fraga que fai acompañar a lectura con m áis de dúas mil notas, conseguindo así achegar unha variada información arredor dos personaxes ou da vida londiniense na época vitoriana, alén de incorporar un abondoso número de apuntamentos heteroxéneos inspirados nestas obras. Da tradución, de indubidables garantías, responsabilízanse Bieito Iglesias e mais Manuel Vázquez (na foto inferior, vía La Voz de Galicia, xunto co responsable das anotacións).

      Saúdo, pois, as catro novelas e os cincuenta e seis relatos quem en dous volumes en formato cartoné, poñen estas pezas entre nós de novo de actualidade contando coas  ilustracións orixinais da época en que estas novelas viron a luz nas súas edicións orixinais, asinadas sobre todo por Sidney Paget para a revista Strand.

     Parabéns, pois, por facilitar, tanto a quen gustan das aventuras holmesianas como a quen aínda non, unha volta ao espírito orixinal destas historias, en tantas ocasións desvirtuadas cando se trasladan a outros formatos.