Manuscritos: alén de nós (de Jane Austen a Joyce, e vinte e dous máis)

Flavorwire realiza unha escolla ou antoloxía de manuscritos que eu non fun quen de facer pois todos me parecían marabillosos. Fíxoo inspirándose no abondoso material que se dispón noutra web que visito a miúdo e na que se atopan fantásticas e fascinantes sorpresas como é  Fuck Yeah, Manuscripts!

      Premendo aquí pódense ver un total de vinte e cinco interesantes manuscritos de F. Scott Fitzgerald,  Antoine de Saint-Exupery, Mark Twain, Sartre, Steinbeck, Faulkner,  Virginia Woolf, Charles Dickens, Lewis Carroll,  Arthur Conan Doyle, Flaubert, Edith Wharton, Kafka, W. Somerset Maugham, As mil e unha noites, Nabokov,  George Eliot, Victor Hugo,  Charlotte Brontë, Marilynne Robinson, Maquiavello, Proust, Jane Austen e James Joyce. Sen dúbida para deixarse levar.

(Arriba manuscrito de Persuasion, de Jane Austen e a continuación unha páxina d´O principiño, de Exupery; abaixo unha páxina do Ulises, de Joyce).