Conversas com Isaac Alonso Estraviz, de Bernardo Penabade

Bernardo Penabade
Conversas con Isaac Alonso Estraviz

Através, Compostela, 264 páxinas, 18 €

 

De Isaac Alonso Estraviz afírmase que ideou e traballou con teimosía ata ofrecer o dicionario máis completo en galego-portugués. Pero hai máis na vida do profesor que aquí sae á luz: desde os aspectos que se remontan ás súas orixes pasando pola súa formación humanística, ata aqueles profesionais, e tamén vitais, que atinxen ao compromiso que exhibiu en moitas frontes sociais e culturais. Unha oportunidade, asemade, de revisar con amenidade algúns acontecementos do noso pasado máis recente através da súa ollada.  

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 11 de abril de 2014, baixo o título de “Un diálogo que constrúe unha biografía”.